Otras noticias
11/09/2013
Outras novas

Aberto o prazo de inscrición para o curso Educación emancipadora. Acción y transformación en la sociedad global

O curso ten como obxectivo a formación para impulsar unha ampla socialización crítica de carácter educativo que promova o saber necesario para comprender o contexto local e internacional en toda a súa complexidade; que xere un novo coñecemento útil para o cambio social, construído dende lecturas éticas e transformadoras que fortalezan os dereitos de todas as persoas e comunidades e dean resposta aos seus intereses de emancipación.
O período de inscrición, vai do 9 ao 20 de setembro de 2013. Xunto á ficha de inscrición, que encontrardes no tríptico adxunto, é necesario enviar unha carta de motivación. Soamente tras recibir resposta afirmativa por parte da Secretaría se poderá efectuar o ingreso do importe da matrícula que é de 175 euros.