Asamblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), en colaboración coa Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Relacións Externas e coa Unión Europea, e a Universidade de Santiago de Compostela, organizan o “Curso de formación en cooperación ao desenvolvemento para alumnado universitario galego”.
O curso consistirá en oito sesións de catro horas. Empregarase un método teórico-práctico que ten coma finalidade instruir a mozos e mozas galegos nas cuestións de cooperación ao desenvolvemento, os seus antecedentes e os proxectos de cooperación, especialmente na formulación de proxectos. Este curso constará dun módulo de Comunicación para o desenvolvemento (CpD) e o xornalismo social
O contido, repartido en sete módulos, é o seguinte:
Módulo I: Que é a Cooperación ao Desenvolvemento.
- Definición
- Antecedentes
Módulo II: Os proxectos de Cooperación.
- Tipoloxía
- Actores
- O ciclo do proxecto
Módulo III: Identificación e estratexias de intervención.
- Identificación
- Deseño e escolla de estratexias
Módulo IV: Elementos principias do proxecto.
- Obxectivo xeral
- Obxectivos específicos
- Resultados
- Actividades
- Hipóteses
- Indicadores
- Fontes de verificación
- A Matriz do proxecto
Módulo V: Programación e Formulación de Proxectos.
- Cronograma ou Diagrama de Gantt
- Plan de Financiamento
Módulo VI: Execución, seguimento e avaliación de proxectos
- Inicio
- Seguimento
- Avaliación
Módulo VII: Comunicación para o desenvolvemento (CpD) e o xornalismo social
- Definición
- Exemplos prácticos
DATA: Os días 7, 8, 14, 15, 21 e 22 de Novembro. Das 16:00 ás 20:00 horas.
LUGAR: Aula 1.2, Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Universidade de Santiago de Compostela. Av. Ángel Jorge Echeverría, 15705, Santiago de Compostela, A Coruña.
Nº DE PRAZAS: 20 prazas.
MATR&ÍCULA OU INSCRICIÓN: De balde.
É preciso cubrir a ficha de inscrición e enviala ao mail de contacto.
Terán prioridade o alumnado da Universidade de Santiago e persoas recén tituladas.
E-MAIL: galicia@acpp.com