Otras noticias
25/11/2013
Outras novas

Seminario Galego de Educación para a Paz. Cambio de lugar de celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos

Comunicado do Seminario Galego de Educación para a Paz.:

Benqueridas amigas e amigos:
Como sabedes, o 10 de Decembro, celebraremos o D&ÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS, no 65 Aniversario da aprobación da Declaración Universal de 1948.
Con ese motivo, e seguindo xa cunha tradición de varios anos, o Seminario Galego de Educación para a Paz e a Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC, organizamos unha LECTURA PÚBLICA da citada Declaración así como da Convención dos Dereitos da Infancia.
Será no Salón Nobre da Universidade de Santiago de Compostela, en Fonseca, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Na Lectura Continuada haberá tamén tempo para as actuacións musicais e para que o alumnado dos distintos colexios e institutos, que así o confirmen, interveña cun texto, poesía, canción, interpretación... relacionada cos Dereitos Humanos.
Estariamos moi honrados de contar coa súa participación e a da entidade, colexio ou instituto, que representa. E pregamos igualmente que confirmen a súa participación neste correo electrónico á maior brevidade para a organización das intervencións.
paz@sgep.org