Antecedentes
Coincidindo co seu décimo aniversario, en 2012 a Fundación Taller de Solidariedade lanzou a campaña de sensibilización coordinada co título Mujeres Soñadoras baixo o lema: Elas achegan a capacidade de soñar. Taller de Solidariedade a oportunidade de facer os seus sonos realidade.
Trátase dunha campaña activa tanto na sede coma nos colexios das SSJ e os 13 Comités Locais repartidos polo territorio nacional. O obxectivo é visibilizar a muller como axente de cambio, capaz de multiplicar na súa comunidade os beneficios que xera a súa participación nos proxectos de cooperación.
Queremos con esta campaña, ofrecer o lado máis loitador e de fortaleza da Muller, incidindo na súa capacidade para repoñerse, reinventarse e transformar as inxustizas
Rafael Veiga: Coordinador de Taller de Solidariedade:
Trátase dunha campaña baseada en testemuños de mulleres resilientes de distintos países que explican como TdS as apoiou nas súas metas para mellorar as súas condicións de vida. Pódense ver os materiais en: http://mujeres.tallerdesolidaridad.org/
Como parte desta campaña, no marco do proxecto Mejorando a vida das microempresarias do sector popular de Lima Leste - Perú, subvencionado pola Xunta de Galicia o ano 2012, se realizou a exposición fotográfica, Préstamos para Soñar que recolle testemuños das mulleres beneficiarias do proxecto.
Sobre Préstamos para Soñar
Nun contexto de crise global é importante ofrecer SOLUCIÓNS e poñer de manifesto que existen alternativas de saída baseadas na cooperación, solidariedade e sistemas de economía sostible. As persoas en situacións de vulnerabilidade e exclusión social corren o risco de ser esquecidas e, polo tanto, INVISIBILIZADAS.
A exposición "Préstamos para soñar" consta de 26 instantáneas que expoñen a historia de vida de Carolina, Eva, Diana e Laura cuxa realidade persoal se transformou grazas ao proxecto Mejorando a vida das microempresarias do sector popular de Lima Leste - Perú.
Otras noticias
29/11/2013
Outras novas