VIII Xornadas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que se desenvolverán baixo o título 'Comunicación e cooperación internacional' o vindeiro 10 de decembro, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos. A cita será na Deputación da Coruña, entre as 9.30 e as 14.30 horas, e encádrase na Irmandade Galicia-Cabo Verde.
Participarán nas mesas profesionais de diversos medios, como Periodismo Humano, pero tamén ONGD, académicos, políticas, fotógrafos como Gabriel Tizón ou Rober Amado e mesmo un xornalista caboverdiano, integrante da delegación africana que durante esa semana percorrerá o país para visibilizar a cooperación desenvolvida polo Fondo Galego no arquipélago lusófono.