Encontro interxerenacional entre as persoas autoras do libro e estudantes de Ciencias da Educación
Mañá, Mércores, 18 de decembro, a partir dás 09:00 e ata ás 11.30 horas
Facultade de Ciencias da Educación Campus Sur
InteRed Galicia quere convidarte, mañá, mércores, 18 de decembro, á presentación do libro "Nobelo. Fiando historias de Coidado". Un pequeno volume que recolle as historias de vida dun grupo de persoas maiores do Concello de Tomiño, nas que contan pequenos trazos das súas experiencias, centradas no tema dos coidados, a elas mesmas e a outras persoas.
As protagonistas das historias do libro darán unha lección maxistral para as alumnas e alumnos da Facultade de Ciencias da Educación. Dende ás 9 da mañá ata as 10.30, o grupo de maiores participará nunha xornada de intercambio interxerenacional cos estudantes.
O grupo de maiores e as coordinadoras do proxecto estarán dispoñibles para atender ós medios, na cafetería da Universidade de Ciencias da Educación entre as 10.30 e as 11.30 horas e na sede de InteRed Galicia ás 14 horas.
Este acto encádrase dentro do proxecto: Crear unha Rede galega de participación cidadá para dar pulo á Transformación Social baseada na Ética do Coidado con enfoque DDHH e de Xénero, promovido pola Organización non Gubernamental InteRed, e conta coa participación económica de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Máis información e coordinación de entrevistas:
Amalia Álvarez Vega
Telf.- 981 587966 - 627084726
Mail: galicia@intered.org
Otras noticias
17/12/2013
Outras novas