Otras noticias
04/02/2014
Outras novas

Ábrese o prazo de inscrición do XANELA ABERTA. ASÓMATE AO CAMBIO

Para coñecer máis de preto esta experiencia, as persoas que participaron en anos anteriores realizarán unha serie de palestras durante o mes de Febreiro.

As datas das charlas son:

- Lugo: Venres, 14 de febreiro. C.S. Madia Leva (R/ Serra de Ancares, 18). Ás 20:30h.
- Pontevedra: Xoves, 20 de febreiro. Local de Amarante.(R/San Román,9). Ás 19.30h.
- Compostela: Mércores 19 de febreiro. Biblioteca Ánxel Casal (Avda. Xoan XXIII, s/n). Ás 19.30h.
- A Coruña: pendente; máis info próximamente en www.amarantesetem.org/xanela
- Vigo: pendente; máis info próximamente en www.amarantesetem.org/xanela

O programa formativo contará con 5 xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir cunha das organizacións coas que colabora Amarante:
- Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra en Brasil ( http://www.mst.org.br )
- MCCH en Ecuador ( http://www.fundmcch.com.ec )
- Asociación Attawassoul en Marrocos (máis información en http://amarantesetem.org )

As datas das xornadas de formación son: 8 de marzo, 29 e 30 de marzo, 12 e 13 de abril, 26 de abril, 26 de abril e 24 de maio e a avaliación o 20 de setembro.

As xornadas formativas están abertas a todas as persoas interesadas. Se tamén queres viaxar a coñecer ás organizacións colaboradoras son precisos os seguintes requisitos:
- Ser maior de idade.
- Asistir a todas as xornadas formativas

Pago de Matrícula:
- 50€ se traballas.
- 30€ para estudantes, desempregadas e socias/ activistas de Amarante.

Para inscribirte ou pedir máis información:
educacion@amarantesetem.org ou no teléfono 986 84 81 59

Máis info:
No Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook.
Xanela Aberta. Asómate ao Cambio pretende promover unha conciencia crítica, activa e transformadora que nos achegue ao compromiso pola xustiza social.
Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.