Circular I (envíada por Hegoa - Instituto de Estudios sobre Desarrollo y Cooperación Internacional de la Universidad del País Vasco UPV/EHU)
Desde o ano pasado fomos avanzando na organización do encontro da seguinte maneira:
- O comité organizador reuniuse en diferentes ocasións para acordar os detalles do encontro. Na web podedes ver que persoas e organizacións forman parte do Comité Organizador, quen financian o evento, os Obxectivos, as Liñas Temáticas, o borrador do programa, a metodoloxía, os espazos que articularemos para o debate?.
- En abril de 2013 o Comité Organizador redactou un documento basee previo ao IV Congreso de ED co fin de abrir un debate sobre que propostas considéranse ?emancipadoras?. Este documento foi enviado a diferentes sectores e organizacións para recoller achegas ao mesmo.
- En decembro de 2013 realizouse a última edición dos encontros expostos para compartir experiencias nos períodos entre Congresos. Esta última, o III Encontro de Experiencias Transformadoras, correu a cargo de Entrepobles- Barcelona en coordinación con outras organizacións de ámbito estatal e coa organización deste Congreso. Aquí podes dispoñer de información sobre o evento.
O máis importante neste momento, é que o prazo para a presentación de propostas no Congreso xa está aberto!! Comunicacións (resumo antes do 28 febreiro de 2014 e, de ser aceptado o resumo, a redacción final o 30 de abril), Talleres Autogestionados e iniciativas para o Laboratorio de Proxectos (ata o 30 de abril). Consultade as pautas e enviádenos os vosos textos e propostas!
O prazo de inscrición no Congreso abrirase o 14 de maio. Dispoñemos dun máximo de 325 prazas. No momento que se encha a cota pecharemos a listaxe sexa cal fora data. Establecemos dous períodos de inscrición:
- As inscricións realizadas do 14 maio ao 14 xullo, terán un custo de 60?
- As inscricións realizadas do 15 xullo ao 30 setembro, terán un custo de 80?
Esperamos que toda esta información che sexa de utilidade e que te animes a participar.
Gema Celorio y Alicia López de Munain
Secretaría técnica del IV Congreso de Educación para el Desarrollo.
Hegoa • Nieves Cano, 33 • 01006 Vitoria-Gasteiz
Tfno.: +34 945 01 42 87 – 88• educaccion@hegoa.info