O curso trata de introducir ao alumnado na diversidade de realidades e problemáticas actuais en relación coa habitabilidade e os Dereitos Humanos vencellados a ela, ademais de ofrecerlle ferramentas consolidadas para facer fronte a estas problemáticas dende un enfoque social.
Así, é obxectivo do mesmo ese amplísimo grupo de poboación que tanto nos países menos favorecidos como nos contextos locais non soen ser atendidos pola arquitectura ou por outras disciplinas que traballan en torno ao hábitat. Trátanse de ámbitos profesionais e mesmo xeográficos, hoxe emerxentes, xeralmente ausentes nos plans de estudos das escolas de arquitectura
1ª EDICIÓN CURSO EN LIÑA
Hábitat a Escala Humana
FICHA TÉCNICA:
INSCRICIÓNS ABERTAS ATA 4 D&ÍAS ANTES DO COMEZO DO MÓDULO - Prazas limitadas por riguroso orde de inscripción
PRECIO SOCIO/A e VOLUNTARIADO
ASF E PDI + DESEMPREGADAS/OS
25€ (por módulo) e 100€ (por curso completo)
PRECIO PÚBLICO XERAL
30€ (por módulo) e 120€ (por curso completo)
(as/os desempregadas/os con aportación de documentación acreditativa de estar inscrito no SEPE)
Para máis información e inscripciones galicia.asfes.org ou galicia@asfes.org.
A carga lectiva de cada módulo estímase en 20 horas, e para o curso completo 100 horas. Prevese unha adicación semanal de 5 horas para o seu correcto seguemento. Os materiais docentes están disponibles en galego e en castellano.
Solicitaránse créditos de libre elección e recoñecemento académico pleno para alumnos da Universidade da Coruña.
Programa do curso:
1. Dereito ao hábitat e a cidade
2. 10 de Marzo ao 30 de Marzo
3. Habitabilidade básica
4. 7 de Abril ao 27 de Abril
5. Xestión social do hábitat
6. 5 de Maio ao 25 de Maio
7. Intervención social
8. 2 de Xuño ao 22 de Xuño
9. Tecnoloxías apropiadas
10. 30 de Xuño ao 20 de Xullo
Na ligazón abaixo indicado podedes descargar un programa máis detallado do curso e a través do formulario podedes facer a inscrición.
--
Alberto Fortes Novoa
Responsable de Gestión DT Galicia
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Campus da Zapateira, s/n
15071 A Coruña
Tel/Fax.: 981 167 000 (ext 5033)
Móbil: 616603125
web: www.asfes.org
http://galicia.asfes.org
e-mail: galicia@asfes.org