Otras noticias
05/03/2014
Outras novas

O xoves 6 de marzo remata o prazo de inscrición do ´´Xanela aberta: asómate ao cambio´14´´

O Xanela Aberta. Asómate ao Cambio é un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes que posibilitan o coñecemento das loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).
Para máis información poden escribir ao correo electrónico educacion@amarantesetem.org ou chamar ao teléfono 986 848 159.