Otras noticias
08/04/2014
Outras novas

Sexta edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento. (publicación BOE 4 abril 2014)

Este premio, convocado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ten por obxecto premiar aos centros educativos que durante o curso 2013/2014 desenvolvesen accións, experiencias educativas, proxectos ou propostas pedagóxicas destinados a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sustentable.

O premio consistirá na participación dun máximo de dous docentes responsables de cada experiencia educativa no ''Seminario de Intercambio e Formación en Boas Prácticas en Educación para o Desenvolvemento'' que terá lugar en Melilla e en Marrocos. O Seminario celebrarase entre o 19 e o 26 de outubro de 2014, terá unha duración de 40 horas recoñecidas como créditos de formación polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.