A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Amarante Setem presentarán mañá no CPI Domingo Fontán, no municipio pontevedrés de Portas, un documental protagonizado por campesiñado de Ecuador para reflexionar sobre o comercio xusto e o consumo responsable.
A partir das 9.45 horas terá lugar a presentación co alumnado, que visionará o audiovisual realizado por voluntariado de Agareso ‘Pequenas doses de supervivencia: Os rostros do comercio xusto ecuatoriano’, para a continuación debater sobre a responsabilidade dos países do Norte no empobrecemento do Sur.
Mentres tanto, nas instalacións da Azucreira permanece exposta a exposición de fotografías autoría do fotoxornalista vigués Miguel Núñez, referidas ao mesmo proxecto da ONGD Amarante Setem (Galicia) coa Fundación Maquita (Ecuador) para apoiar a pequenas cooperativas dedicadas ao cacao, os cítricos ou a cana de azúcre.
O obxectivo de senllas actividades é amosar o proceso de cambio que se produciu nas comunidades agrícolas ecuatorianas grazas ao comercio xusto e a cooperación internacional. Un labor que incidiu nunha maior igualdade de oportunidades, unha mellora das condicións de vida das clases máis baixas o avance cara unha equidade de xénero real.
Máis información: Carmen Novas - tel. 616 145 077