Otras noticias
14/04/2014
Outras novas

Conferencia coloquio do Presidente da Fundación Cultura de Paz D. Federico Mayor Zaragoza

 O Seminario Galego de Educación para a Paz nos comunica que o vindeiro día 23 de Abril, Mércores, estará en Galicia (Santiago e Ourense) o profesor, D. FEDERICO MAYOR ZARAGOZA, ex- director xeral da UNESCO e, na actualidade, Presidente da Fundación Cultura de Paz.

Pola mañán, haberá ás 11:00 unha reunión coa Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC da que é Presidente de Honra e ás 12:00 unha Conferencia seguida de Coloquio na Facultade de Educación, no Campus Sur. A entrada é libre ate completar o aforo.

Pola tarde, ás 20:30 horas, intervirá en Ourense, no Liceo, convidado polo Departamento de Educación do Concello e o Seminario Galego de Educación para a Paz.

www.sgep.org