Otras noticias
06/05/2014
Outras novas

Conferencia coloquio de Federico Mayor Zaragoza en Santiago.

O vindeiro, Venres, día 9 de Maio, Federico Mayor Zaragoza, ex- director xeral da UNESCO e Presidente da Fundación Cultura de Paz, estará en Galicia, en Santiago de Compostela e en Vigo, para participar, pola mañán, ás 12:00 horas, na Facultade de Educación, na Aula Sarmiento, convidado pola Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC e o Seminario Galego de Educación para a Paz, do que se achega o cartaz en arquivo adxunto.

Pola tarde, ás 17:00 horas, convidado polo Consello Escolar Municipal de Vigo, inaugurará as Xornadas sobre Convivencia Escolar que terán lugar na Escola Superior de Arte Dramática.