A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, apresenta unha xornada formativa adicada á Comunicación Social e aos medios alternativos de información.
Será o sábado 24 de maio ás 10.30h. no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras e debates programados para o sábado.