Para este ano 2014 a Campaña focalízase en dar a coñecer a situación das mulleres e as nenas coma grupo especialmente vulnerable nos desprazamentos internos e internacionais. NOLAND é un país virtual onde viven mais de 45 millóns de persoas refuxiadas e desprazadas. Un colectivo que resulta invisible aos ollos dos ciudadáns. Tratouse de crear un país que garante a educación, oportunidades, necesidades, dereitos e respecto pola dignidade destas persoas.
A presenza en Galicia, nunha xira de dous días, da Irmá Elisabeth, permitirá aos galegos e galegas coñecer de primeira man o traballo de Entreculturas Fe y Alegría e da súa socia o Servizo Jesuíta para os Refuxiados (RSJ) e a historia de vida desta Irmá sudanesa, hoxe traballadora do SRJ e que foi refuxiada dúas veces na súa vida.
É importante mencionar que a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de aprobar, no marco da convocatoria para proxectos de acción humanitaria, a Entreculturas fe y Alegría un proxecto para brindar apoio psicosocial e educativo ás persoas refuxiadas en Maban, Sudán del Sur, proxecto que executarase co apio do JRS.
Otras noticias
25/06/2014
Outras novas