Otras noticias
20/08/2014
Outras novas

Gobierno de Navarra e Laboral Kutxa convocan o Premio Internacional ‘Navarra’ á Solidaridade

Un ano máis, o Goberno de Navarra e Laboral Kutxa convocan o Premio Internacional 'Navarra' á Solidariedade, co fin de promover, difundir e recoñecer o labor voluntario de persoas e entidades que destacan pola súa traxectoria no ámbito da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento e na loita a favor dos sectores sociais e países máis desfavorecidos. Este galardón recoñece, por tanto, o esforzo e o bo facer de quen, co seu compromiso e entrega, contribúen á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e á creación dun mundo máis xusto.

Achegamos as bases de participación e, para calquera consulta, remitímoslles á dirección servcoopdes@cfnavarra.es ou ao teléfono +34 848 426313.