Otras noticias
24/09/2014
Outras novas

A Equipa de InteRed Galicia convoca o II EQUINOCCIO para varóns que desexan romper as barreiras dos roles sociais e os estereotipos, para dar un paso cara á igualdade.

CONTIDOS:
- O Modelo Hexemónico de Masculinidade (MHM)
- Os dispositivos de socialización do MHM.
- Relacións de poder entre os xéneros.
- A prevención da violencia de Xénero.
- A dimensión do coidado no ciclo vital.
- Paternidades.
- Masculinidades.
O curso será impartido por José Rutilio Delgado e Walberto Virgil Tejeda Guardado, facilitadores do Programa de Masculinidades do Centro Bartolomé das Casas, de O Salvador.
METODOLOX&ÍA?
O Equinoccio é unha estratexia educativa amplamente desenvolvida en Centroamérica, na que de xeito intensivo (2 días e medio) e residencial (durmindo no lugar) trabállanse participativamente, os contidos anteriores por medio de: xogos, arteterapia, traballo corporal, vídeo foros, análise, teatro foro, foto palabras...
Esperámoste!!