Otras noticias
05/11/2014
Outras novas

InteRed Galicia convídate a participar do encontro que terá lugar este sábado, día, 8 de novembro, en Santiago de Compostela.

Tamén coñeceremos o proxecto de Cooperación Internacional, que InteRed presentou na convocatoria 2014, e que estase a desenvolver cunha subvención da Cooperación Galega da Xunta de Galicia, en Bolivia.

Contaremos coa presenza das voluntarias que desenvolveron a súa tarefa en República Dominicana, México e O Salvador.

Este encontro anual está pensado para o Voluntariado, persoas Socias, alumnas e alumnos dos distintos cursos que InteRed organiza tanto co profesorado, axentes socias e cidadanía en xeral. É un encontro aberto a todas as persoas interesadas na temática a tratar.
Ver máis información no díptico.
ESPERÁMOSTE!