Otras noticias
16/02/2015
Outras novas

A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) convoca a 3ª Edición do posgrao online de Experto Universitario en Preparación de Licitacións Internacionais de Proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento.

  O Curso está dirixido principalmente a profesionais de organismos nacionais e internacionais de desenvolvemento, de organismos non gobernamentais e fundacións, e doutras entidades e organizacións, públicas e privadas, con responsabilidade no deseño, a formulación e a xestión de proxectos e programas de desenvolvemento, ou que teñan como interlocutores a organismos de cooperación internacional que prestan asistencia técnica ou financeira.

Igualmente o Curso vai dirixido a aquelas persoas con titulación universitaria, con ou sen experiencia previa, que desexen enfocar a súa práctica profesional cara á cooperación para o desenvolvemento ou a asistencia técnica internacional.

Toda a información do Posgrao pódese atopar en http://www.cursolicitaciones.org

Prazo de matrícula: ata o 23 de marzo de 2015

Duración do Posgrao: do 6 de abril ao 30 de novembro de 2015

Máis información: http://www.cursolicitaciones.org
Folleto en PDF http://www.cursolicitaciones.org/imagenes/folleto.pdf