Este curso vai dirixido a profesionais de organismos nacionais e internacionais de desenvolvemento; de organismos non gobernamentais e fundacións; e doutras entidades, públicas e privadas, que teñan responsabilidade no deseño, a xestión e a avaliación de proxectos e programas de desenvolvemento, ou que teñan como interlocutores a organismos de cooperación internacional que prestan asistencia técnica ou financeira. Igualmente vai dirixido a todos aqueles titulados universitarios, con ou sen experiencia previa, que desexen enfocar a súa práctica profesional cara á cooperación para o desenvolvemento.