MSF convídanos a todos a demostrar a nosa dor pola perda dos seus pacientes e compañeiros e a repulsa pola violación do Dereito Internacional Humanitario. Kunduz é o último ataque á misión médica, e probablemente de maior magnitude, pero non é un feito illado. Hai que lembrarlle aos estados e aos grupos armados que as guerras tamén teñen regras.
O día 3 de novembro haberá un minuto de silencio polas vítimas de Kunduz. Os que vos atopedes preto dunha oficina de MSF (en terreo ou sede) poderedes participar en persoa, pero os que non poidades desprazarvos non perdades a oportunidade de compartir a través das redes este momento. Máis adiante MSF detallará o tipo de acto, a localización, as mensaxes para difundir, etc.
Otras noticias
20/10/2015
Outras novas