Proponse como un proceso vivencial de reflexión crítica dos modelos tradicionais de ser home e ser muller vixentes na sociedade actual, para, a partir deste traballo, adentrarnos nas vivencias persoais de cada un- unha.
O proceso utiliza a metodoloxía Equinoccio aplicada polo Centro Barlomé de las Casas, unha estratexia educativa desenvolvida en Centroamérica para o traballo con homes e mulleres aliadas. Equinoccio incorpora xogos, arteterapia, traballo corporal, vídeo foros, análise, lecturas e teatro foro, análise do conflito, foto palabra, entre outras. Neste caso, traballaremos coa creatividade, arteterapia, xogos e análise do conflito, de maneira mixta: homes e mulleres no mesmo grupo.
Convídase a todos os homes e mulleres que desexen reflexionar e participar activamente a traballar de maneira conxunta sobre o xénero. Sería interesante que o grupo fose mixto para poder traballar os diferentes puntos de vista e vivencias de xénero.
Xunto, podedes encontrar o cartaz das xornadas e o cartaz do obradoiro.
Se necesitades máis información, por favor, non dubidedes en poñervos en contacto conmigo a través do correo electrónico: mdiazdelriog@gmail.com
Otras noticias
16/11/2015
Outras novas