Otras noticias
25/01/2016
Outras novas

O primeiro documental sobre a natureza de Guinea Ecuatorial preséntase en Galicia

O vindeiro sábado 30 de xaneiro ás 18h a cidade da Coruña será testemuña da presentación do primeiro documental de natureza gravado integramente en Guinea Ecuatorial. Este país africano, que recentemente saíu á palestra grazas á película Palmeiras na Neve conforma xunto con outros países da zona a Conca do Río Congo, unha das poucas selvas virxes que aínda quedan no mundo. Un pequeno paraíso de biodiversidade ata agora moi descoñecido debido á conxuntura política e social do país, que fai complicado levar a cabo proxectos audiovisuais de dimensión internacional.

A través da ONG ambiental ECOGUINEA que opera desde hai varios anos en Guinea Ecuatorial e da produtora audiovisual galega WAKAFILMS un equipo de profesionais ecuatoguineanos e españois lograron captar por primeira vez no país imaxes de animais tan emblemáticos como elefantes, tartarugas mariñas ou driles nun proxecto de case dous anos de duración. Grandes produtoras audiovisuais especializadas en natureza visitaron con anterioridade a zona, movidas polo interese que suscita a fauna e flora ecuatoguineana para a comunidade científica internacional, pero nunca se conseguiu rodar un documental de natureza só con imaxes de Guinea Ecuatorial.

?O segredo do Bosque? é un documental de sensibilización ambiental que será difundido polos colexios e institutos de Guinea Ecuatorial durante o ano 2016 para fomentar, a través do coñecemento, a conciencia ecolóxica no país.

ECOGUINEA nace no marco dun proxecto de conservación ambiental posto en marcha pola asociación española ECOTONO, a Universidade Politécnica de Madrid (UPM), a Universidade Nacional de Guinea Ecuatorial (UNGE), e o Instituto Nacional de Desenvolvemento Forestal e Xestión do Sistema de Áreas protexidas (INDEFOR AP) do Ministerio de Agricultura e Bosques de Guinea Ecuatorial, coa colaboración de AGARESO ( Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

SINOPSE ?O segredo do Bosque?
Movido pola súa curiosidade innata, Bartolo, un vello cazador africano, viu de todo no bosque, excepto ao bufo? Pero o bufo segue a Bartolo desde que ambos eran novos, acompáñao desde as alturas, vixíao e ás veces axuda? para que Bartolo e con el, os nosos espectadores, coñezan os segredos e a grandeza do bosque ecuatoguineano.
Conto africano axuntado ao maior rigor científico para lanzar unha mensaxe de conservación da natureza.O vindeiro sábado 30 de xaneiro ás 18h a cidade da Coruña será testemuña da presentación do primeiro documental de natureza gravado integramente en Guinea Ecuatorial. Este país africano, que recentemente saíu á palestra grazas á película ?Palmeiras na Neve? conforma xunto con outros países da zona a Conca do Río Congo, unha das poucas selvas virxes que aínda quedan no mundo. Un pequeno paraíso de biodiversidade ata agora moi descoñecido debido á conxuntura política e social do país, que fai complicado levar a cabo proxectos audiovisuais de dimensión internacional.

A través da ONG ambiental ECOGUINEA que opera desde hai varios anos en Guinea Ecuatorial e da produtora audiovisual galega WAKAFILMS un equipo de profesionais ecuatoguineanos e españois lograron captar por primeira vez no país imaxes de animais tan emblemáticos como elefantes, tartarugas mariñas ou driles?nun proxecto de case dous anos de duración. Grandes produtoras audiovisuais especializadas en natureza visitaron con anterioridade a zona, movidas polo interese que suscita a fauna e flora ecuatoguineana para a comunidade científica internacional, pero nunca se conseguiu rodar un documental de natureza só con imaxes de Guinea Ecuatorial.

O segredo do Bosque é un documental de sensibilización ambiental que será difundido polos colexios e institutos de Guinea Ecuatorial durante o ano 2016 para fomentar, a través do coñecemento, a conciencia ecolóxica no país.

ECOGUINEA nace no marco dun proxecto de conservación ambiental posto en marcha pola asociación española ECOTONO, a Universidade Politécnica de Madrid (UPM), a Universidade Nacional de Guinea Ecuatorial (UNGE), e o Instituto Nacional de Desenvolvemento Forestal e Xestión do Sistema de Áreas protexidas (INDEFOR AP) do Ministerio de Agricultura e Bosques de Guinea Ecuatorial, coa colaboración de AGARESO ( Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

SINOPSE O segredo do Bosque
Movido pola súa curiosidade innata, Bartolo, un vello cazador africano, viu de todo no bosque, excepto ao bufo? Pero o bufo segue a Bartolo desde que ambos eran novos, acompáñao desde as alturas, vixíao e ás veces axuda? para que Bartolo e con el, os nosos espectadores, coñezan os segredos e a grandeza do bosque ecuatoguineano.
Conto africano axuntado ao maior rigor científico para lanzar unha mensaxe de conservación da natureza.

https://www.facebook.com/events/237957029869349/

https://www.youtube.com/watch?v=bVFlF1R1AUQ