Otras noticias
08/04/2016
Outras novas

Agora Comparte enmarcado dentro dos doce foros do Programa Ägora Xove organizado pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Ágora Comparte é un dos doce foros de participación xuvenil que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e que se enmarca dentro do programa Ágora Xove.

Terá lugar o xoves 14 de abril na Biblioteca Central da Universidade de Vigo de 16:00 a 20:00h e a inscrición é de balde.
A actividade central da xornada realizarase, a través do método da “biblioteca humana”, medio innovador de educación non formal de intercambio de coñecemento e experiencias.

A BIBLIOTECA HUMANA é un espazo de diálogo a través do cal créase cohesión social e fomento do respecto pola diversidade. É tamén unha metodoloxía que trata de romper cos estereotipos, estigmas sociais, prexuízos e discriminacións ademais de amosar outras realidades sociais presentes na nosa contorna.

Na práctica trátase de dar a oportunidade ao público de manter conversas con persoas coas que normalmente non terían contacto, de maneira que lles conten a súa historia persoal ou profesional e lles axuden a romper barreiras que puideran existir entre eles, lles amosen outras realidades e lles enriquezan con elas.

Isto se fai simulando unha biblioteca, onde os libros son persoas e o público entra e reserva o “libro humano” que quere ler e se lles asigna unha quenda duns 20 minutos para que se leve a cabo a lectura, en forma de conversa.

Algúns dos títulos que se atoparán son: persoa musulmán, activista lgtb, persoa vegana, montañeiro, emprendedor, voluntaria de axuda ao refuxiado, sacerdote, persoa ex drogodependente, voluntaria europea, persoa experta en rr.hh., cooperante, persoa que estivo en prisión, bloggera...