Noticias de Cooperación Gallega
09/10/2006
Xeral

A DIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA UN TREN DE VALORES

A través desta campaña de sensibilización e captación de fondos a bordo dun tren, na que participaron distintas ONGD, RENFE pretende informar á sociedade na urxencia de cooperar co desenvolvemento no Terceiro e Cuarto Mundo e en concreto con oito causas localizadas en distintos países. Baixo o lema “Sube ao lado humano”, este tren solidario que ven de recorrer varias cidades entre elas Vigo,  permanecerá aberto ao público en Santiago de Compostela todo o día de hoxe, para continuar mañá o seu percorrido pola xeografía española, sendo o seu próximo destino Palencia, retornanado o 21 deste mes a Madrid de onde partiu.Para máis detalles sobre esta actividade, visitar: www.renfe.es/untrendevalores