FABIOLA SOTELO ANALIZA CON SUZY CASTOR POSIBLES VÍAS DE COOPERACIÓN EDUCATIVA EN HAITÍ
A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, analizou está mañá nun encontro que mantivo coa activista haitiana Suzy Castor, posibles vías de cooperación educativa entre Galicia e Haití. En concreto, Castor propúxolle á directora xeral a posibilidade de colaborar en varios proxectos que teñen como obxectivo fortalecer a formación e a investigación no país insular.
Apoiar os procesos de descentralización a través da realización de cursos de formación, é o obxectivo dun dos programas levados a cabo polo Centro de Investigación e Formación Social para o Desenvolvemento (CRESFED), que Castor dirixe. “Haití é un país moi centralizado e aínda que se teñen levado a cabo estudos para promover a descentralización, os resultados non se teñen posto en práctica, por iso é necesario formar tanto ás bases como aos cargos institucionais para impulsar o proceso”, afirmou Castor. “A participación cidadá e fundamental para acadar isto, xunto coa implicación das municipalidades ás que tamén vai dirixido este programa”.
Bolsas de doutoramentoOutra das posibles vías de colaboración entre a cooperación galega e Haití é a referida á financiación de bolsas de doutoramento, que lles permitan aos universitarios haitianos rematar os seus estudos de doctorado. “Un dos problemas máis graves de Haití está no terreo da formación universitaria. Moi poucos acceden ao estudos superiores e son menos os que chegan a presentar a súa tese xa que non teñen recursos económicos”, explicou a activista haitiana. “Cunha bolsa de 1.500 euros un estudante haitiano podería rematar os seus estudos superiores. É fundamental a promoción dos recursos humanos na illa para que o país avance e acade un nivel aceptable de desenvolvemento”
A directora xeral de Cooperación amosoulle todo o seu apoio indicando que “Haití e un dos países prioitarios para a cooperación galega no que xa están a desenvolver proxectos centrados no desenvolvemento sostible e a educación”. Sotelo anuncioulle tamén que nos vindeiros meses técnicos da dirección xeral desprazaranse a Haití para identificar necesidades concretas sobre as que poder traballar, sobre todo centradas no ámbito da pesca artesanal, terreo no que Galicia ten unha “ampla e exitosa experiencia de cooperación noutros países”.
Labor a prol da poboación refuxiadaSuzy Castor é unha das representantes máis prestixiosas da intelectualidade de Haití e Cuba. O seu compromiso na defensa dos Dereitos Humanos, incluídos os dereitos da poboación refuxiada ten sido exemplar durante os últimos anos. A propia Castor foi refuxiada durante máis de trinta anos en México, a causa da persecución da dictadura dos Duvalier.Durante os seus vinte anos de exilio en México destacou polo seu traballo solidario coa poboación refuxiada procedente de América do Sur e Central. A súa actividade centrouse na reinserción das persoas refuxiadas retornadas, sobresaíndo tamén na defensa as traballadores e traballadores inmigrantes haitianos.
Cando finalizou a dictadura en Haití, en 1986, creou xunto co seu marido Gerard Pierre, o Centro de Investigación e Formación Social para o Desenvolvemento (CRESFED), que dirixe dende 1995. Suzy Castor é Vicepresidenta da Asociación de Historiadores de América Latina, membro do Tribunal Permanente dos Pobos, tendo recibido a medalla “Haydee Santamaría de Cuba” como recoñecemento a súa contribución polo avance da cultura en América Latina. En 2005 recibiu o IV Premio Juan María Bandrés á Defensa do Dereito de Asilo e Solidariedade cos Refuxiados outorgado pola Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR)
Suzye Castor encóntrase en Galicia no marco do ciclo de conferencias “América, cada vez máis latina”, organizado polo Club Internacional de Prensa. A activista haitiana visitará as capitais das catro provincias galegas, estando hoxe en Vigo ás 20 horas no Centro Sociocultural de Caixa Galicia, mañá xoves en Lugo, e o venres finalizará a súa estadía en Galicia impartindo a última das conferencias en Ourense.