A FAO E A DIRECCIÓN XERAL DE COOPERACIÓN CREAN DUAS NOVAS BOLSAS EN ANGOLA E MAURITANIA
A directora xeral de Cooperación Exterior Fabiola Sotelo, mantivo esta mañá unha reunión con dous membros do Departamento de Cooperación Técnica da FAO: Roberto Samanez, Xefe do Servizo de Programas de Campo, e Javier Pérez De Vega, coordinador do programa de Cooperación descentralizada.
Esta reunión que tiña como principal obxectivo a presentación de posibles programas de traballo conxunto entre a FAO e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior, foi o marco no que se pechou a creación de dúas bolsas de formación de expertos en cooperación para o desenvolvemento en Angola e Mauritania.
Con elo certifícase a iniciativa que o departamento de Fabiola Sotelo mostra no fortalecemento da formación no eido da cooperación. Dende a súa creación en 2005, a Dirección Xeral de Cooperación Exterior foi ampliando o número de bolsas de formación, e este ano poden volver a duplicarse.
A concesión destas bolsas resposta a un dos obxectivos do I Plan Director da Cooperación Galega, como é a formación de persoal especializado para elevar o nivel profesional do sector galego. Deste xeito, persoas con formación en cooperación para o desenvolvemento poden familiarizarse co proceder administrativo internacional e adquirir unha valiosa experiencia participando na xestión de proxectos no terreo.
Novas liñas de traballo conxuntoRoberto Samanez fixo fincapé no interese que ten a FAO por potenciar as relacións con Galicia, á que se referiu como unha “das grandes potencias pesqueiras de Europa e do mundo”. Por iso, as súas propostas iniciais xiraron en torno a posibles proxectos relacionados de transferencia de coñecementos e tecnoloxía ó servizo do desenvolvemento