Noticias de Cooperación Gallega
20/04/2008
Xeral
PRIMEIRA XUNTANZA CO COLECTIVO SENEGALÉS NO MARCO DUN PROXECTO PILOTO DE CODESENVOLVEMENTO
O pasado día 19 tivo lugar este encontro promovido pola Secretaría Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Esta xuntanza e as que lle sucederán encamíñanse a analizar xunto co colectivo de senegelases afincados en Galicia e ONGD que traballan en Senegal, as posibilidades de execución dunha iniciativa piloto en materia de codesenvolvemento Galicia-Senegal.
Asemade na mesma fíxose unha posta en común dos resultados que arroxa o Estudo sobre a poboación senegalesa residente en Galicia como axente de codesenvolvemento, realizado polo Grupo de investigación sobre Socioloxía das Migracións da UDC, para a Secretaría Xeral de Emigración.