Noticias de Cooperación Gallega
06/04/2000

Publicada a orde de convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global a executar polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento

Esta convocatoria enmárcanse no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017. Na procura de dar cumprimento aos obxectivos previstos no citado Plan Director, o goberno galego aposta pola conformación dunha cidadanía global, fomentando para iso a educación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade galega sobre as realidades dos países empobrecidos e potenciando valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade.

O obxecto da orde é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Xunta de Galicia en materia de cooperación ao desenvolvemento, para proxectos de educación para o desenvolvemento das ONGD, cunha dotación de 400.000 € (160.000 no 2017 e 240.000 no 2018).

As ONGD poderán solicitar o financiamento para actuacións que se desenvolvan dentro dalgunha das catro dimensións seguintes:

  • Sensibilización e concienciación da opinión pública en materia de cooperación para o desenvolvemento e causas da pobreza.
  • Formación sobre o desenvolvemento e difusión nos ámbitos educativos do coñecemento da realidade dos países empobrecidos e da cooperación para o desenvolvemento.
  • Investigación sobre o desenvolvemento.
  • Incidencia, participación e mobilización social para crear redes de solidariedade na nosa sociedade.

No marco desta convocatoria de axudas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, as entidades solicitantes poderán presentar un máximo de dous proxectos, ben sexan individuais ou ben en agrupación con outras entidades.

A novidade mais destacada da convocatoria deste ano afecta á forma da presentación de propostas, que debe facerse exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Os documentos de formulación asociados a esta a convocatoria pódense descargar no enlace abaixo indicado.

O prazo de presentación de solicitudes de axudas remata o 8 de maio de 2017.