Noticias de Cooperación Gallega
11/06/2008
Xeral

A DXCE PARTICIPA NA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN OBXECTIVOS DO 1000ENIO

A subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Carlota Román, asistiu onte á inauguración da mostra de Asemblea de Cooperación pola Paz, Obxectivos do 1000enio, na Biblioteca Municipal de Vedra. Subvencionada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia na convocatoria de 2007 e en colaboración con Concello de Vedra, o obxectivo da exposición é amosar á poboación cales son as metas propostas por Nacións Unidas para o 2015 a través de 28 paneis repartidos en 7 cubos.

Ao acto acudiu tamén unha representación do Concello de Vedra. Tamén estiveron presentes un grupo de mestres e estudantes de secundaria. A acollida por parte do Concello é , en palabras do seu alcalde, D. Odón Cobas, “un compromiso que mantén Vedra coa solidariedade; é a resposta á necesidade de dar a coñecer estes temas”.

 

FORMATO INNOVADORO formato de paneis arrédase dos métodos institucionais tradicionais para presentar dun modo directo e sinxelo a realidade da cooperación. O deseño non pasou desapercibido para os asistentes: “é ben bonita, moi orixinal e chamativa para os rapaces”, resaltou unha das mestras presentes no acto. Cada asistente disporá ademais dun díptico para un seguimento individual de cada cubo e obxectivo.

Aínda que está dirixida a un público xeral, con esta mostra “queremos achegarnos á mocidade”, engadiu unha das técnicas de sensibilización de ACPP. “O cumprimento dos ODM ten que saír da vontade de todos, así o recolle o obxectivo número oito”, puntuou outra das técnicas.

O deseño dende ACPP da exposición Obxectivos do Milenio constitúe unha oportunidade para a sensibilización e sobre todo para acadar a implicación da sociedade civil nos obxectivos do milenio que afectan á educación, xénero e medio ambiente. Supón un piar esencial nos eidos de intervención e de sensibilización.

OBXECTIVOS DO MILENIO 

Na súa exposición, Román describiu que os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio refírense á erradicación da pobreza, á educación primaria universal, á igualdade dos xéneros, á mortalidade infantil e materna, ao avance das pandemias coma a SIDA, á sostibilidade do medio ambiente e á creación dunha asociación mundial para o desenvolvemento. Tal é como explicou a subdirectora xeral : “cada un deles dálle un toque ás conciencias, distinto pero eficaz, á hora de implicar aos diferentes actores no desenvolvemento; actores, que de feito, somos cada un de nós