ADXUDICACIÓN CONCURSO PÚBLICO CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN
Por medio da contratación deste servizo preténdese a realización dunha campaña informativa e de sensibilización da poboación galega acerca das actividades de cooperación ao desenvolvemento levadas a cabo pola Xunta de Galicia, que levarase a cabo no ultimo cuadrimestre coa colaboración financeira da Excelentísima Deputación Provincial da Coruña e Caixa Galicia. Cúmprese así con unha das esixencias da lei 3/2003 de 16 de xuño de Cooperación ao Desenvolvemento, concretada no I Plan Director da Cooperación Galega para o Desenvolvemento 2006- 2009 que establece como obxectivo en materia de sensibilización e educación para o desenvolvemento a realización dunha política activa e integral de fomento do coñecemento das desigualdades no mundo, de sensibilización da poboación galega para a súa superación e de educación para o desenvolvemento.