Noticias de Cooperación Gallega
11/09/2008
Xeral
A DIRECTORA XERAL DE COOPERACIÓN EXTERIOR, FABIOLA SOTELO, VISITOU A COGAMI
COGAMI é a entidade máis representativa do colectivo de persoas con discapacidade en Galicia. A súa misión é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.
Dentro desta misión, e a través da Asociación Galega de Hemofilia, estase a desenvolver un microproxecto en Perú de desenvolvemento e promoción da comunidade hemofílica.
As súas iniciativas en Economía Social, que inclúen 12 centros especiais de emprego, son unha mostra da experiencia que o sector social galego pode achegar ao desenvolvemento, co que xuntamente coa DXCE se está a estudar a posibilidade de implantalos nos países prioritarios.