COOPERACIÓN GALEGA INCLÚE NA SÚA WEB OFERTAS DE EMPREGO
O terceiro obxectivo do Plan Director pretende acadar a mellora técnica e operativa do sector, facilitando a inclusión e a formación de técnicos galegos en Cooperación ao Desenvolvemento.
De aí a reforma actual de www.cooperacióngalega.org, que na sección Convocatorias -Outras Convocatorias, pon á dispoñibilidade dos usuarios, dende hoxe, as ofertas de emprego no sector a nivel galego, español e internacional; ademais de guías e información útil.
Esta sección vai precisar da colaboración dos distintos axentes da Cooperación Galega, que están convidados a enviar as súas ofertas á Dirección Xeral de Cooperación Exterior, para seren publicadas na web en boletíns que se actualizarán cada 15 días.
No senso deste terceiro obxectivo, a sección Outras Convocatorias tamén adicará un lugar aos cursos, seminarios e xornadas que convocan os distintos axentes en Galicia.