MULLERES, PROTAGONISTAS DO DESENVOLVEMENTO
Educar e sensibilizar á poboación sobre a situación da muller nas diferentes rexións do mundo, en especial África, promovendo un compromiso colectivo e persoal pola consecución efectiva da igualdade de xénero
Dar a coñecer á sociedade galega e, en particular, ao sector da poboación que se atopa en idade escolar, as discriminacións que padece a muller nas sociedades actuais, promovendo a equidade de xénero, coma un paso imprescindible para lograr a igualdade entre os países
Fomentar, mediante as actividades plantexadas, a igualdade de sexos en idades tempranas, outorgando á educación o valor de ferramenta imprescindible para lograr a autonomía das persoas e axudar deste xeito, ao desenvolvemento das sociedades
Relacionar e interpretar a conexión que existe entre diferentes problemáticas mundiais (situación da muller, pobreza, enfermidades,...) e identificar os ODM como un medio para erradicar todas elas
Suscitar, tendo en conta as diversas idades, unha cultura do voluntariado que faga cada vez máis común unha opción de compromiso social no Terceiro Mundo
Potenciar a rede de solidariedade e de sensibilización en relación aos países do Sur
- Organización de actividades como Cinefórum con temática adaptada á campaña, Concertos por parte de colectivos de mulleres, ...
- Charlas e testemuñas de voluntarias e voluntarios pertencentes a colectivos e asociacións que coñecen de preto a situación de desigualdade da muller
- Traballar conxuntamente con centros educativos, asociacións, centros cívicos, outras ONGD´s, etc
- Dar a coñecer os materiais e recursos cos que JTM conta, a través da difusión de dita información e da páxina web www.ventanalmundo.com
- Alumnado das etapas de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos
- Formativos
- Persoal educador e nais e pais.
- Poboación das zonas rurais
- Outras ONGD’s ou entidades relacionadas coa cooperación e a educación ao desenvolvemento
- Animadoras e animadores socioculturais e voluntariado
16.956.00 €