Proyectos

AS CARAS DA FAME

Impulsar e promover  a participación social e cidadá nas accións de cooperación para o desenvolvemento

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Educación para el desarrollo
Región: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Agentes: 
ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE (FUNDACIÓN)
Objetivos: 

Fomentar a educación para o desenvolvemento e a sensibilización da sociedade galega nas realidades dos pobos máis desfavorecidos, potenciando unha ética asentada en valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as persoas
Sensibilizar a poboación (especialmente ó medio rural) acerca das diferentes caras coas que se manifesta a fame, presentando esta coma un problema que ten solución e a súa erradicación coma un obxectivo factible e concreto que debemos acadar entre todas as persoas

Resultados y actividades: 

-  Rotación das exposicións “Mama Fame”, “A revolución Azul”, “SIDA, a outra cara da fame”, “Unha gota de auga, unha gota de vida” por 10 Centros comarcais e a exposición “Níxer” por catro salas de exposición de Ferrol,Noia, Santiago e Lugo
-   Elaboración e difusión de material publicitario, carteis, invitacións coa información relativa ás exposicións
-   Formación de monitores voluntarios para facer de guía nas visitas de asociacións e colectivos da zona ás exposicións
-   Realización de 10 visitas guiadas de centros escolares das comarcas (un por comarca)
-   Realización de material didáctico para escolares: cadernos, CD’s da revolución Azul, vídeos explicativos, tarxetas informativas
-   Realización dunha mostra fotográfica, coas imaxes recollidas por membros de Cultura Solidaria no departamento de Madriz, Nicaragua onde se executará o proxecto de “Reducción da inseguridade alimentaria nutricional...”
-   Rotación da exposición por 6 localidades, 3 no eido rural e 3 capitais de provincia.
-  Creación e representación en 4 localidades galegas de unha obra escénica por membros de Cultura Solidaria na que se reflicte a situación de inseguridade alimentaria que se vive no departamento de Madriz, Nicaragua
-  Elaboración e difusión de material publicitario con información sobre a exposición fotográfica e as representacións escénicas

Población beneficiaria: 

Directa: Poboación de 10 Comarcas de Galicia 8 Deza, Terra de Caldelas, Terra de Trives, A Ulloa, Terra de lemos, Carballiño, Valdeorras, O Salnés, Tabeirós, Ordes), e no eido urbano en (Ferrol, Santiago, Lugo, Noia)
Indirecta: Toda persoa que poida achegarse aos lugares nos que se realizan as actividades

Ayudas: 

16000