Proyectos

APOIO AO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO PRODUTIVO SOSTIBLE DA PRIMEIRA SECCIÓN DO MUNICIPIO DE SORATA, A TRAVÉS DO FORTALECEMENTO DE CAPACIDADES

Fortalecer o desenvolvemento económico local do municipio de Sorata a través de procesos participativos.

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Proyectos en el exterior ONGD
Región: 
América del Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Sorata (municipio)
La Paz (departamento)
Larecaja (provincia)
Agentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Contraparte: 

CENTRO DE CAPACITACIÓN E SERVIZO PARA A INTEGRACIÓN DA MULLER

Código CRS: 
31120 - Desarrollo agrario
Objetivos: 

Mellorar as bases dunha produción agrícola sostible e a súa comercialización. Promover o fortalecemento das institucións municipais e comunitarias facilitando a súa interrelación para a construción de propostas conxuntas

Resultados y actividades: 

- Réplica de técnicas de produción a través de produtoras e produtores innovadores
- Caracterización do potencial produtivo en cada unha das comunidades coa finalidade de que as produtoras e produtores poidan establecer un plano de produción acorde coas características da rexión
- Asesoramento técnico e acompañamento en parcelas de produción individual nas 12 comunidades, definindo no proceso adaptacións e cambios en función do ciclo produtivo
- Intercambio de experiencias sobre aspectos produtivos e de planificación produtiva e organizativa entre produtoras e produtores da zona que visitarán explotacións agrícolas da UPA
– Unións Agrarias en Galicia, e posteriormente de membros da UPA que visitarán as comunidades do proxecto para amosar as súas experiencias e prestar asistencia técnica.
- Capacitación en comercialización, economía e contabilidade básicas, así como en plans de negocios
- Promoción da produción das comunidades a través da organización de 2 feiras (no pobo de Sorata e na cidade da Paz) nas que se darán a coñecer as potencialidades da zona

Población beneficiaria: 

As organizacións comunitarias, tanto as entidades sindicais (Sindicatos Agrarios, Subcentrais Agrarias e Central Agraria) como os comités de regantes e asociacións de produtoras e produtores en formación. As autoridades municipais

Ayudas: 

215214