ALTERNATIVAS COMERCIAIS E ECONÓMICAS PARA O DESENVOLVEMENTO
Concienciar á cidadanía galega sobre os problemas xerados polo actual sistema económico e comercial imperante
Formar-informar nas experiencias de economía alternativa e sistemas de comercio baseados na xustiza social como o comercio xusto
Achegar á cidadanía galega información sobre as consecuencias do actual sistema económico e comercial imperante e das alternativas que están a facer fronte a esta situación
Crear foros de formación e debate sobre alternativas ao actual sistema económico neoliberal imperante
- Intervencións educativas en centros de ensino galegos, especialmente no rural, e formación de profesorado
- Elaboración de material divulgativo para reparto na tenda de comercio xusto, actividades e postos itinerantes
- IV xornadas de Economía alternativa en Lugo
- Catro reunións Club de Lectura no local da Cova da Terra
Directa: 43 intervencións en centros de ensino, dirixidos ó estudiantado de ESO, BAC e Primaria, cun total de 860 alumnas e alumnos
Indirecta: Público adulto que se achegue á tenda de comercio xusto de Lugo, nos postos itinerantes. No caso da IV edición das xornadas de Economía alternativa, o público é de 50 persoas
4640