Proyectos

CONSTRUCIÓN E EQUIPAMENTO DA AMPLIACIÓN DA ESCOLA CORUÑA II, SENSIBILIZACIÓN E FORMACIÓN, EN THONGOR - YOFF

Fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres do barrio de Thongor, vila de Yoff, así como o empoderamento das mulleres como axentes activas e positivas do desenvolvemento comunitario.

Año: 
2007
Instrumento de financiación: 
Convenio
Región: 
África
País: 
SENEGAL
Agentes: 
ECODESARROLLO GAIA
Contraparte: 

GYE SEUTY NDIARE Femmes Transformatrices de Produits de la Mer (Coop. de Mulleres Saladoras de Peixe)

Código CRS: 
11120 - Servicios e instalaciones educativas y formación
Objetivos: 

·            Apoiar e dinamizar o tecido social-comunitario mediante o fortalecemento das capacidades de liderazgo dos líderes e  especialmente das lideresas da comunidade de Yoff-Thongor creando espazos que favorezan a formación, o estudo e o empoderamento.

Resultados y actividades: 

1.Construir unha aula de alfabetización dixital. 
2.Equipar e poñer en funcionamento a aula de alfabetización dixital.
3.Construir un punto de formación, estudo, recursos e empoderamento.
4.Equipar un punto de formación, estudo, recursos e empoderamento.
5.Capacitar en igualdade e  empoderamento ás docentes e directora da Escola. Desta formación sairá a facilitadora dos talleres de sensibilización en igualdade.
6. Deseñar e implementar talleres de sensibilización en temas igualdade e  empoderamento destinada aos usuarios e usuarias das novas aulas.
7.Programar e implementar os cursos en iniciación ás novas tecnoloxías

Población beneficiaria: 

O número total de beneficiarios directos ascende a 247 persoas aproximadamente. Os beneficiarios indirectos quedan constituídos polo resto da poboación do barrio de Thongor.

Ayudas: 

37525