AMPLIACIÓN DO CENTRO ESCOLAR "MARÍA ANA MOGAS" PARA A MELLORA DA CALIDADE E ATENCIÓN EDUCATIVA DA POBOACIÓN ESCOLAR DA CIDADE DE MATOLA. MOZAMBIQUE
Contribuír ao fortalecemento do sistema educativo de Mozambique, potenciando as infraestruturas e mellorando o nivel educativo e formativo da poboación infantil e xuvenil do país
Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor
Escolarizar e formar adecuadamente ao alumnado en idade escolar primaria e secundaria que acoden ao centro “María Ana Mogas", con especial atención a este último ante a carencia na zona obxectivo, cidade de Matola, de infraestruturas e servizos educativos necesarios e adecuados para a correcta atención do conxunto do alumnado a nivel de secundaria residente na mesma
-Construción de catro novas aulas docentes para poder completar as infraestruturas necesarias que permitan implantar o nivel completo de secundaria no centro “María Ana Mogas"
-Construción de dúas novas aulas docentes para poder completar as infraestruturas necesarias que permitan implantar o nivel completo de secundaria
-Construción dunha biblioteca necesaria para completar as infraestruturas básicas esixidas que permitan impartir e nivel completo de secundaria no mesmo
-Dotar con todo o equipamento necesario as novas infraestruturas xeradas no centro
-Contratar e contar con todo o profesorado e persoal de servizos adecuado e necesario para a atención e o correcto desenvolvemento da actividade docente prevista a desenvolver
-Posta en marcha do nivel completo de secundaria en beneficio da poboación xuvenil da cidade de Matola
Son nenas e nenos, mozas e mozos que pertencen a familias pobres que se dedican á agricultura de subsistencia, que se empregan en traballos precarios, que realizan traballos esporádicos, que revolven nos lixos das grandes urbes ou que simplemente están desempregradas e desempregados.
Actualmente, o centro atende a un total de 1.430 alumnas e alumnos: 60 de preescolar, 1.088 de ensino primario e 282 de ensino secundario. O centro ten un criterio de selección de poboación beneficiaria encamiñado a protexer a presenza da muller no ámbito educativo: reserva cada curso polo menos a metade (50%) das matrículas dispoñibles, sobre todo en niveis superiores, para mozas/novas co ánimo de contrarrestar as preferencias familiares locais por matricular aos homes
92000