Noticias de Cooperación Gallega
30/12/2008
Xeral

CONVOCATORIA DE 4,45 MILLÓNS PARA PROXECTOS DE COOPERACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E FORTALECEMENTO ONGD

O Consello de Goberno aprobou unha primeira partida de 4.450.000 euros para subvencionar proxectos de cooperación para o desenvolvemento e sensibilización da sociedade galega coas causas da pobreza, promovidos por organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD) e outros axentes de cooperación, como universidades, sindicatos, empresas e comunidades galegas no exterior. Ademais, dentro deste orzamento inclúese un apartado para o fortalecemento das ONGD con domicilio social ou sede permanente en Galicia co que o goberno galego pretende potenciar o tecido asociativo galego.Para poder optar a estas axudas as entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.A execución dos proxectos non poderá iniciarse antes do 2 de xaneiro do 2009. Os de carácter anual, deberán rematarse antes do 30 de decembro de 2009; no caso de proxectos con carácter plurianual, deberán finalizar antes do 31 de outubro de 2010, debendo executarse polo menos o 60% da contía total do mesmo no ano 2009.As entidades interesadas deben presentar a súa solicitude no prazo dun mes dende a publicación da convocatoria no DOG e a administración contará con tres meses para resolver e notificar as resolucións.

Sensibilización da sociedade galegaA dirección xeral de Cooperación Exterior financiará con 400.000 euros proxectos que teñan como obxectivo promover a participación social e cidadá nas accións de cooperación para o desenvolvemento, así como fomentar a educación para o desenvolvemento e a coñecemento da sociedade galega sobre a realidade dos pobos máis desfavorecidos. O que se pretende é potenciar unha ética baseada en valores de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as persoas, perseguindo a concienciación da opinión pública nesta materia, incidindo asemade na investigación sobre as causas do desenvolvemento.

Axudas para a realización de proxectos no exteriorA partida máis importante estará destinada á realización de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior, unha a ONGD e a outra a universidades, sindicatos, empresas e comunidades galegas no exterior. As axudas públicas para a convocatoria de ONGDS ascenden a 3.000.000 euros, mentres que a subvención para a realización de proxectos doutros axentes de cooperación é de 800.000 euros.Estas axudas teñen como obxectivo apoiar a execución dos proxectos que os axentes de cooperación para o desenvolvemento teñen fora do noso país, quedando excluídos os programas no eido da axuda humanitaria ou aqueles de carácter puntual, é dicir, que non poidan asegurar a súa viabilidade  cando cese o financiamento externo. Os proxectos presentados deberán redundar na ampliación das capacidades e liberdades da poboación beneficiaria e ter repercusión práctica na satisfacción das necesidades básicas das persoas máis desfavorecidas das zonas onde se desenvolvan as accións.

Fortalecemento do sector da cooperación galegaA Xunta de Galicia destinará un total de 250.000 euros a financiar subvencións para a consolidación e fortalecemento das ONGDS con domicilio social ou delegación permanente en Galicia.                                      Estas subvencións teñen como obxectivo promover a formación técnica do persoal, socios e voluntarios das ONGD, mediante o financiamento de seminarios e obradoiros. Incidirase na formación arredor da mellora da xestión das ONGD, sobre os diferentes aspectos técnicos das fases dun proxecto de desenvolvemento, e verbo de técnicas de comunicación externa ou de relación cos medios de comunicación.Terase tamén en conta o deseño e a realización de campañas e actividades de sensibilización, educación para o desenvolvemento, así como comercio xusto e consumo responsable, valorándose especialmente as estratexias que recollan a realización de actividades no medio rural.Estas actuacións reforzan algunhas das prioridades da Dirección Xeral de Cooperación Exterior como son a mellora da calidade técnica e operativa do sector, a ampliación e ordenación dos instrumentos da cooperación galega, a procura de sinerxías cos sectores galegos con experiencia de valor e a elaboración dos documentos estratéxicos de intervención por país.