Proyectos

CONTRIBUÍR NA PREVENCIÓN, DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO DA INFECCIÓN DE VIH/SIDA NOS 425.161 POTENCIAIS USUARIOS DE BISSAU E NOS 173.223 POTENCIAIS USUARIOS DAS REXIÓNS DE QUINARA E TOMBALÍ, GUINEA BISSAU

Prevención, diagnóstico e tratamento da infección de VIH/SIDA en torno a 3 eixes de intervención: (1) habilitación dun centro de CIDA (Centro de Informaçao, Despistagem e Aconselhamento de VIH/SIDA) para a prevención, diagnóstico e tratamento de VIH/SIDA-ITS; (2) sensibilización en prevención de VIH/SIDA; e (3) formación en métodos de apoio e seguimento de PVVS (Persoas que Viven co Virus do SIDA) e formación en recoñecemento precoz e diagnóstico do VIH/SIDA.

Año: 
2008
Instrumento de financiación: 
Convocatoria Programas Exterior
Región: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Tombali (rexión)
Quinara (rexión)
Agentes: 
ASAMBLEA DE COOPERACIÓN POR LA PAZ
Contraparte: 

ASOCIACION GUINEENSE DE ESTUDOS E ALTERNATIVAS

Código CRS: 
12250 - Control de enfermedades infeccionas
Objetivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a reducir os efectos negativos da infección de VIH/SIDA entre a poboación de Guinea Bissau.
Obxectivos específicos: Contribuír na prevención, diagnóstico e tratamento da infección de VIH/SIDA nos 425.161 potenciais usuarios de Bissau e nos 173.223 potenciais usuarios das rexións de Quinara e Tombalí. Guinea Bissau

Resultados y actividades: 

1. Formación do equipo, coordinación e seguimento (relacionada con todos os resultados do programa).
2. Selección e contratación da empresa de construción.
3. Limpeza do terreo, marcación de obra e pavimentación.
4. Construción do centro CIDA.
5. Selección e contratación dunha empresa para a escavación do pozo e construción do pozo.
6. Equipamento do pozo.
7. Selección da empresa subministradora de paneis solares e adquisición dos mesmos. Instalación solar.
8. Adquisición, transporte e instalación do mobiliario e dos subministros sanitarios.
9. Selección da empresa subministradora de equipamento informático, adquisición do mesmo e instalación da rede no centro CIDA.
10. Adquisición, transporte e trámite de aduana do vehículo 4x4.
11. Mudanza do actual centro CIDA ás novas instalacións.
12. Seguimento das sesións de asesoramento diarias, de grupo e individuais, pre-test de VIH/SIDA e dos test de reactividade e confirmación/discriminación realizados no centro CIDA.
13. Seguimento das consultas médicas diarias para a profilaxe das infeccións oportunistas.
14. Seguimento das consultas médicas diarias para o tratamento de ITS.
15. Seguimento de consultas médicas diarias para os pacientes en TARV de liña 1 e 2.
16. Selección e contratación da produtora para a gravación do vídeo de sensibilización.
17. Planificación dos contidos e realización do guión do vídeo de sensibilización en ITS.
18. Realizada a rodaxe do vídeo de sensibilización sobre prevención de ITS, especialmente VIH/SIDA.
19. Realizada a maqueta e edición do vídeo de sensibilización.
20. Entrevista e selección de 6 activistas para a capacitación en apoio e seguimento de PVVS.
21. Elaboración e edición do material didáctico.
22. Realización dun ciclo de capacitación teórico en métodos de apoio e seguimento de PVVS.
23. Realización dunha capacitación práctica en métodos de apoio e seguimento de PVVS.
24. Seleccionado e contratado un médico para a posta en marcha do gabinete de saúde reprodutiva e planeamento familiar.
25. Seguimento do número de consultas xinecolóxicas realizadas no centro CIDA.
26. Seguimento do número de consultas de saúde reprodutiva realizadas no centro CIDA.
27. Selección e contratación dun sensibilizador/formador.
28. Seguimento do número de usuarios que recibe asesoramento pre-test e diagnóstico do VIH/SIDA no centro.
29. Selección e contratación dun enfermeiro.
30. Seguimento das hospitalizacións e das consultas para recibir TARV efectuadas no centro.
31. Deseño e edición dos dípticos para as campañas de sensibilización en prevención de ITS.
32. Selección e contratación dunha empresa para a realización de 720 camisetas e 720 bolsos con temática de prevención de VIH/SIDA.
33. Identificación das escolas e barrios da capital e a planificación das campañas de sensibilización.
34. Realización de 24 campañas de sensibilización nas escolas e barrios da capital con distribución de dípticos, camisetas e bolsos e a proxección do vídeo de sensibilización.
35. Elaboración e edición do material didáctico para a formación en recoñecemento precoz e diagnóstico do VIH.
36. Selección de 14 técnicos de saúde (6 na rexión de Quinara e 8 na rexión de Tombalí) para a formación en recoñecemento precoz e diagnóstico do VIH/SIDA.
37. Realización do ciclo de formación en recoñecemento precoz do VIH/SIDA, de 5 días de duración, para o persoal sanitario da rexión de Quinara.
38. Realización do ciclo de formación en recoñecemento precoz do VIH/SIDA, de 5 días de duración, para o persoal sanitario da rexión de Tombalí.

Población beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: 18.915  usuarios que se estima acudirán ao centro de CIDA para recibir asesoramento, diagnóstico e tratamento do VIH/SIDA ao longo dos 3 anos de duración do programa. Igualmente, os beneficiarios directos das campañas de sensibilización en Bissau, Buba e Catió serán polo menos 5.200 persoas, con especial fincapé nos mozos e mozas entre 15 e 24 anos, durante 3 anos. Por último, os beneficiarios directos dos cursos de formación serán 20 persoas.  Polo menos 24.135 persoas veranse beneficiadas directamente por esta intervención.
Poboación beneficiaria indirecta: 425.161 potenciais usuarios de Bissau, capital do país, e os 173.223 habitantes das rexións de Quinara y Tombalí.

Ayudas: 

622330