Galicia da o seu apoio ao novo Plan Director da Cooperación para o Desenvolvemento estatal 2009-2012
Onte reuniuse en Madrid a Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento para emitir o seu ditame sobre a proposta do III Plan Director da Cooperación para o Desenvolvemento 2009 – 2012.
Pese as dificultades económicas, o novo Plan Director será o Plan Director do 0,7, compromiso adquirido no Pacto de Estado contra a pobreza, na Reunión de Alto Nivel sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, e na Conferencia Internacional do Seguimento de Doha sobre Financiamento ao Desenvolvemento. Será ademais, o Plan Director da Eficacia e a Calidade da Axuda da Cooperación para o Desenvolvemento Española, a eficacia da axuda, suporá a adaptación da Cooperación Española aos requisitos da Declaración de París, Accra e o Código de Conduta da Unión Europea.
Asemade incide na posta en marcha dunha Política Integral para o Desenvolvemento Humano, que supere o paradigma da axuda, e traballe sobre a articulación das políticas e os actores implicados na procura de resultados na loita contra a pobreza.
Define a súa Misión como contribución a un progreso substancial cara ao desenvolvemento humano e sostible e cara a erradicación da pobreza. A Política de Desenvolvemento, para ser coherente, integral i eficaz, foi deseñada para se exercer en tres espazos primordiais: a asociación no terreo cos países socios, os foros e organismos multilaterais, e a traveso da coherencia de políticas. Pero ademais, para que sexa sostible no longo prazo, é necesario: a educación para o desenvolvemento da cidadanía, poñer o coñecemento ao servizo do desenvolvemento, capacitar cos recursos materiais e humanos apropiados, e a coordinación e a complementariedade efectiva dos actores da Cooperación Española, sexan estes administracións públicas ou entidades da sociedade civil.
Respecto aos sectores de actuación primordial, este III Plan Director, consolida as grandes apostas do ciclo anterior, coma son os servizos sociais básicos: educación, saúde, auga e saneamento; xénero en desenvolvemento, gobernabilidade ou cultura e desenvolvemento. Asemade da un pulo renovado a prioridades emerxentes coma o desenvolvemento rural; a loita contra a fame; o medio ambiente e a loita contra o cambio climático; a participación do sector privado e o traballo digno na xeración dun patrón de crecemento inclusivo, ou a consideración dunha política coherente entre migracións e desenvolvemento.
Por outra banda, as prioridades xeográficas se distribúen en tres categorías: Asociación Ampla (países menos adiantados, de renda baixa ou de renda media – baixa) que absorberán un mínimo de 65% do total da Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) española; Asociación Focalizada (pola súa potencialidade coma socios de desenvolvemento) aos que se destinará sobre o 20% parte da AOD española; e Asociación con Países de Renda Media que non superará o 15% da mesma.