Noticias de Cooperación Gallega
26/05/2009
Xeral

Corrección de erros: Convocatoria de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

Na páxina web da Cooperación Galega figura a orde da convocatoria de subvencións para financiar microproxectos no exterior promovidos polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento (ONGD), xunto con outra documentación complementaria a achegar coa solicitude.
Advertido erro de cálculo nunha fórmula no documento “Formulario Excell orzamento", procedeuse a modificalo o pasado 22 de maio, polo que se prega a todos os interesados/as que actualicen o devandito documento.