Noticias de Cooperación Gallega
18/06/2009
Xeral

Publicada no DOG a convocatoria de subvencións para a execución de programas de cooperación para o desenvolvemento no exterior

No DOG nº 118 do xoves 18 de xuño de 2009 foi publicada a Orde do 28 de maio de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de programas de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e pola que se convocan as correspondentes ao ano 2009.

De acordo coas bases da convocatoria, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes remata o sábado 18 de xullo.