Noticias de Cooperación Gallega
03/02/2010
Xeral

Nomeamento da comisión avaliadora das bolsas de formación

Faise pública a Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa U.E. pola cal se nomea aos membros titulares da comisión de avaliación para a adxudicación das bolsas de formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento de acordo co establecido na base quinta punto un da Orde do 30 de novembro de 2009.

A comisión de avaliación estará formada por:

Presidenta:

Pilar Romero Rodríguez, subdirectora xeral de Cooperación Exterior da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E.

Secretario:

Guillermo Otero Piñeyro-Maseda, xefe do Servizo de Formación e Coordinación Institucional da Cooperación ao Desenvolvemento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E.

Vogais:

Pilar García Quince, xefa do Servizo de Fomento da Cooperación ao Desenvolvemento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E.

Carolina Diz Otero, xerente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.

Rosanna Roselló Bas, vogal asesora do Gabinete Técnico da directora da AECID.