As/os bolseiras/os de cooperación vistan a sede da AECID
As/os sete novas/os bolseiras/os da DXRREE con destino nas oficinas técnicas de cooperación (OTC) da AECID visitaron onte a sede da axencia en Madrid.
Nesta xornada de presentación, os bolseiros e bolseiras foron recibidos por un representante do gabinete técnico da directora da Axencia que lles informou da estrutura do organismo no que van realizar as súas prácticas e das tarefas que realizan os seus distintos departamentos.
A xornada continuou coa reunión individual de cada bolseiro co técnico-país encargado do seguimento da OTC na que realizará as prácticas cada bolseiro.
Xa pola tarde recibiron unha charla informativa sobre axuda humanitaria, que se centrou na actuación da Axencia na recente crise humanitaria motivada polo terremoto de Haití.
As/os novas/os bolseiras/os incorporaranse ás oficinas técnicas de cooperación da AECID en Nicaragua, Guatemala, O Salvador, Perú, Bolivia, Ecuador e mais Mozambique, todos eles países prioritarios da cooperación galega segundo o establecido no Plan director 2010-2013.