O Parlamento de Galicia debate o II Plan director da cooperación galega para o desenvolvemento
Hoxe, 16 de xuño, terá lugar a presentación e o debate do II Plan director de cooperación galega para o desenvolvemento 2010-2013 na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento de Galicia. Este será o último paso antes da aprobación definitiva do documento no hemiciclo galego e chega despois da aprobación do proxecto no Consello da Xunta do 15 de abril e da súa proposta por parte do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento o 5 de marzo.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo Aller, encargarase de presentar as liñas estratéxicas da cooperación galega nos próximos catro anos aos membros da comisión. A comparecencia comezarás as 10.30 da mañá e poderá seguirse nas "Emisións en directo" da web do Parlamento.