Noticias de Cooperación Gallega
15/06/2010
Xeral

Convocado o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana

O Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, convocado polo Consorcio de Santiago en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, pretende recoñecer e fomentar iniciativas públicas de creación e recuperación de ámbitos de cohesión nas cidades históricas de América Latina a través da transformación e mellora de espazos urbanos.
Poden optar a este premio, que ten carácter anual e está dotado con 180.000 euros, proxectos urbanos aínda non executados, tanto de nova creación como de remodelación, rehabilitación ou restauración, a desenvolver nas cidades históricas dos países latinoamericanos.