O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas ordes que afectan á Orde do 21 de decembro de 2010 e á Orde do 3 de marzo de 2011.
No DOG do hoxe, 3 de xuño de 2011, publícanse as seguintes Ordes:
1. Orde de 24 de maio de 2011 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2010, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, e réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.
A modificación refírese á dotación da convocatoria nos créditos para o financiamento de proxectos de cooperación no exterior de ONGD e outros axentes de cooperación, que queda da seguinte maneira:
• Para os proxectos no exterior de ONGD: 1.812.269€ (634.294,50€ no ano 2011 e 1.177.974,50€ no 2012)
• Para os proxectos no exterior doutros axentes: 562.830 € (196.990,50€ no ano 2011 e 365.839,50€ no 2012)
2. Orde de 24 de maio de 2011 pola que se deixa sen efecto a Orde do 3 de marzo de 2011, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, para a execución de proxectos de Acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Esta orde deixa sen efecto a convocatoria aberta e permanente para proxectos de acción humanitaria, dotada inicialmente con 300.000 €.
En consecuencia, a resolución da convocatoria para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de ONGD, será publicada nos vindeiros días adaptada á nova dotación económica.